Don Manuel Sueiro visitou a Biblioteca Pública de Ourense a mañá do 22 de xullo cun donativo moi especial: 23 tomos dos 46 Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós. Cómpre dicir que o especial non é o contido da obra literaria en sí, por todos coñecida, senón a historia dos exemplares. O roteiro dos libros físicos.

dos

Estos exemplares foron comprados á mesma Biblioteca Pública de Ourense, antes de ser trasladada ao edificio da Deputación Provincial por un incendio en 1928. Naquela época, o director da Biblioteca era Juan Fernández Pérez, tamén Secretario-Tesoureiro da Xunta Pro Biblioteca que se conformou para recaudar libros e cartos para estos, cos que fundar de novo unha Biblioteca Pública para Ourense despois do lume, de causas aínda hoxe descoñecidas.

Tralo incendio, a Deputación donou 5.000 pesetas para libros na nova biblioteca, e houbo unha reunión de autoridades de tódolos centros docentes e culturais ourensáns da que saíu o Comité Pro Biblioteca Provincial. Esta Xunta nomeou comisións e representantes nas principais vilas ourensás, nas capitais españolas e tamén en América. Houbo importantes donativos de libros, como o de Emilio Amor, e outros en cartos para mercalos.

Emilio Sánchez Moure donou esta edición dos Episodios Nacionales de Galdós á tresbiblioteca. Por atoparse xa triplicada na biblioteca, o sacerdote Indalecio Rodríguez solicitou á Xunta Pro Biblioteca un cambio, e don Antonio Varela comprouna por 195.5 pesetas. Esta colección pasou en herdanza á súa única filla, Olimpia Varela, quen agasallou a Manuel Sueiro con esta colección pola súa íntima amizade, no ano 1998.

O primeiro libro recibido para a nova Biblioteca foi doado polo bibliófilo Gumersindo Bustos, o 9 de decembro de 1928. Recibiuse dende Bos Aires, vintecatro horas despois do incendio da mesma. Unha celeridade insólita tratándose do correo de principios de século. Case coma unha precognición, coma se soubese con anterioridade a catástrofe que iba a ocorrer.

una

O nome do exemplar: “Atlántida”, de Decoud.

Coma un rexurdir da antiga civilización sepultada polas augas, segundo Platón.

Neste caso, resucitando a Biblioteca das súas cinzas.

 

Advertisements