la magia de volar portaO libro Julia, la niña que aprendió a volar, dispoñible tanto na Sala Galicia como na Sala Infantil da nosa biblioteca, é unha novela que trata sobre os soños. Abre unha porta a outra realidade, tratando a fantasía non só como meras imaxinacións senón como ferramenta de creación da realidade que queremos vivir.

É unha novela que comeza falando de acoso escolar pero remata falando de nenos lendarios, árbores máxicas, gardiás de bosques e unha fada que creou un mundo no que os soños se volvían realidade co simple poder da imaxinación. Rompe as fronteiras entre realidade e ficción, une ambos mundos e fainos dependentes un doutro.

Quizais a realidade dependa máis de nós mesmos do que pensamos. Quizais a maxia sí exista, e a única traba que ten para manifestarse nas nosas vidas é o ter sido esquecida e humillada durante séculos. Pero aínda estamos a tempo. A Fada Nai lémbranos que estamos aquí para ser felices, que todos vimos aquí cun soño que cumprir. Ou varios. Ela loita por que os recuperemos e volvamos a ter confianza na fantasía, nos soños e, sobre todo e por riba de todo, en nós mesmos.

Escrito para calquera idade, pero especialmente para os nenos, é unha novela da que me custa falar. Entre outras cousas, porque eu mesma son a autora. Agardo que desfrutedes da súa lectura, e vémonos na biblioteca.

Advertisements