Para celebrar o día dos Santos Inocentes e rematar o ano, dende o blog da Biblioteca Pública propoñémosvos un xogo: adiviñar cál destas tres novas é verdadeira. As outras dúas son falsas. Que vos divirtades, felices festas e feliz aninovo!

a) Entre os libros doados á biblioteca, apareceu un catálogo da Editorial Juventud do ano 1943, onde podemos atopar títulos como “Disciplinas de amor”, “Desdichada por bonita”, “Un marido a precio fijo”, “Muñequita”, “Deuda de honor” e recomendacións infantiles como “El negrito Sambo” ou “Viajes portentosos del barón de Munchausen”.

b) Ante a delicada situación económica da administración galega, na Biblioteca Pública de Ourense estamos estudando volver a implantar as fichas de préstamos manuais en papel cando teña lugar o traslado ás instalacións novas en San Francisco.

escanear0003

c) Entre as doazóns é frecuente atopar estampitas relixiosas. Algunhas delas, sen embargo, teñen unha inquedante semellanza con advocacións e ritos de índole satanista se tan só cambiamos unhas poucas palabras polo seu término oposto.

 

Advertisements