wikileaksW de wikileaks (dispoñible na Sala Galicia da nosa biblioteca) só é unha excusa para falar da vastísima obra do ourensán Bruno Cardeñosa, un gran descoñecido na súa terra natal a pesar dos seus múltiples traballos. Tan só na nosa biblioteca contamos con 11 obras súas: El código secreto, W de wikileaks, 11-M claves de una conspiración, 11-S historia de una infamia, El día de mañana, El gobierno invisible, Mentiras populares, 100 enigmas del mundo, 50 años de ovnis, Un mundo infeliz e La jugada maestra. Todavía tiña quince anos Bruno Cardeñosa cando comezou a súa labor periodística, participando no programa de radio IV Dimensión, publicando o seu primeiro reportaxe na revista Karma-7 e dando as súas primeiras conferencias. Esa precocidade foi a que lle permitiu unha longa traxectoria profesional, durante a cal foi redactor da revista Enigmas, presentou o programa de televisión Lo que sé del miedo en Neox e entre outras moitas cousas dirixiu a revista Historia de Iberia Vieja e o programa radiofónico La Rosa de los Vientos, o máis lonxevo da radio española.

En W de wikileaks, Bruno Cardeñosa explica nunha linguaxe accesible e resumida Capturamoitos dos informes revelados polo fenómeno Wikileaks. Analiza polo miúdo moitas tramas ocultas do poder como terroristas ao servizo dos gobernos, mentiras da guerra, liberdades ameazadas, espías disfrazados de embaixadores, corrupción nos despachos oficiais… así como as súas consecuencias: difamación, mentiras e persecución dos mensaxeiros asustándoos, procesándoos, enganándoos… Segundo Bruno Cardeñosa, Wikileaks é un fenómeno todavía en evolución e neste traballo intenta recoller información veraz e entender dito fenómeno.

Para máis información sobre Bruno Cardeñosa ou as súas obras, non dubides en visitar o terceiro andar da biblioteca, no que se atopa a Sala Galicia que acolle o Fondo Local. Nesta sala tamén poderás atopar outros moitos autores de Ourense e obras interesantes sobre a cidade e a provincia, así como a súa antropoloxía e natureza.

IMG_5180

Advertisements