bruxi“Se dice que en la noche de Samaín, la noche celta de los difuntos, las leyes del tiempo y el espacio desaparecen durante unas horas, y con ellas se anulan todas las barreras que separan los dos mundos.”

Así introduce Rosa María Alonso Ferragud, no seu libro Secretos de una bruja celta, a festa que esta noite celebraban os nosos devanceiros celtas. Eles non consideraban a vida despois da vida unha crenza, senón un feito cotián, por iso para eles a Festa de defuntos era unha festa alegre, de rencontro cos que xa marcharon.

Consideraban que, no alén, seguían a coidar de nós e a ofrecernos sinais para atopar as solucións que precisamos. Nesta noite lembraban as ensinanzas dos seus ancestros e poñían en práctica algunha cousa que aprenderan deles para homenaxealos. Antúbel, a elfa celta da nosa biblioteca, adoitaba cociñar as receitas que deprendera da súa avoa no castro de Santomé no que vivía, preto do río Lonia. Tamén lle narraba ao seu irmán pequeno os contos que lle transmitía o seu avó para facer máis levadeiras as longas noites de inverno.

escanear0007

Ao contrario de como se celebra hoxe, por influencia da Igrexa católica e da posterior tradición estadounidense importada, en Samaín as casas decorábanse con cores claras e luminosas, evitando vestir roupas escuras. Había ritos para comunicarse cos defuntos e colocaban luminarias nas ventás, como cabazas ou faroliños de cores, para indicarlles aos espíritus que as casas xa estaban ocupadas. Tamén deixaban un lugar na mesa por se algún dos devanceiros quería compartir a cea.

Antúbel lembra con agarimo cómo os seus pais falaban cos seus avós defuntos, indicándolles que aínda seguían nos seus corazóns e brindando por eles. É unha bonita tradición que nos recomenda, para non esquecer as raigames da nosa cultura galega nin, sobre todo, a aqueles que nola ensinaron e a construíron.

 

Advertisements