estacion lib

“-Tengo miedo -le confesó a su marido.

-El miedo solo es la pérdida de confianza.”

Ruiz Barrachina E. (2016) Estación Libertad

Emilio Ruiz Barrachina (Madrid, 1963) é un escritor e director de cinema. Escribiu ensaios, poemarios como La huella eterna, dirixiu documentais como Luz, espacio y creación e longametraxes como Morente ou El violín de piedra. A súa novela Estación Libertad pódese atopar no terceiro andar da biblioteca, dentro do Fondo Local. Esta vez, non porque a persoa que a escribiu sexa de Ourense, ou porque a temática analice a provincia ou a cidade. Algo máis incrible: as súas protagonistas son ourensás.

Este 11 de novembro, que se celebra o centenario do remate da Primeira Guerra Mundial, quizais sería a data máis axeitada para poñer de relevancia a tres irmás que, sen aparecer nos libros oficiais de historia, foron heroínas de guerra. Na Segunda Guerra Mundial, as irmás Touza en Ribadavia esquivaron ás autoridades franquistas e aos axentes da Gestapo para salvar a vida nin máis nin menos que de centos de refuxiados procedentes da Alemania nazi. As tres irmás rexentaban unha humilde cantina na estación de Ribadavia que, nos anos corenta, lles serviu para recibir un por un fuxidos do réxime nazi e axudalos á chegar á fronteira con Portugal.

Entre as tebras da noite, confabuladas só cun taxista e co fillo deste, amañábanse para juiacoller aos fuxidos que chegaban en tren. Despois de ofrecerlles algo de comida, mandábanos no taxi por camiños entre os montes que percorrían lonxe do control da benemérita camiño a Portugal. Todo isto con todas as dificultades de comunicación impostas polo idioma.

Nunca na súa vida lle dixeron nada a ninguén. Tan só o taxista, e o seu fillo, gardaron a lembranza. Azares ou causalidades da vida, fixeron que un dos fuxidos que salvara a vida grazas á intervención das irmás Touza, gardara a súa lembranza e a do taxista e lograra poñerse en contacto co fillo deste. Grazas a iso, coñecemos a súa historia que elas nunca contaron. O libro Estación Libertad de Emilio Ruiz Barrachina e Lola Touza de Vicente Piñeiro, ambos no terceiro andar da biblioteca, cóntannos a súa historia.

Advertisements