Ari Alonso (Ourense, 1984) criouse entre natureza e libros. Foi, dende pequena, unha persoa inqueda, con moitas ideas que bulían na súa cabeza acerca da sociedade e da vida. A inxustiza e cómo cambiar esta foron sempre constantes que a preocupaban. Dende hai cinco anos, reside en Tijuana (México), onde colabora ca sociedade artística multidisciplinar Sipea Baja California, traballando o eido da poesía. Recentemente acaba de publicar o seu poemario “Destellos”, que podes consultar na Sala Galicia da nosa biblioteca.

Ari A

Tratas con moita profundidade os temas da vida e a morte, hai algunha experiencia persoal que che fixera reflexionar sobre elo?

A.A.: Eu creo que si. Dende moi pequena ves a xente morrer, e non entendes a razón. Aí comezas a pensar qué pasa, qué hai detrás. De aí vas partindo.

O título “Destellos” da unha idea dunha visión luminosa da vida. Influíute a sociedade mexicana para isto? Son especialmente optimistas?

A.A.: É algo que levo dende moi pequena. México influíume moito pero xa dende pequena fun vendo os destellos en tódalas cousas que ía vendo e aprendendo.

Como comezaches a escribir? Houbo algunha circunstancia que che impulsara a elo?

A.A.: Empecei a escribir nunha revista local de Tijuana e aí ofrecéronme a posibilidade de escribir un libro. Nese momento non estaba moi convencida, pero houbo dúas persoas que me animaron. Con unha permanezo en contacto, a outra está xa falecida.

Tes próximos títulos en mente. Has seguir a mesma temática?

A.A.: En dúas semanas publico a novela futurista “Skarpia”, na que desaparecen a monarquía e o Vaticano. Teño outros tres títulos pendentes, “Crónicas al alba”, “Solum entre letras” e “Camino de la muerte”, unha revisión de “Crónicas de una muerte”.

Dada a túa implicación social, cres no valor reformador da poesía? Pode axudar a cambiar conciencias?

A.A.: Blas de Otero tiña claro que a poesía era a forma de facer ver á xente o que había detrás do que che están contando. Creo que Blas de Otero era un referente con respecto disto.

destellos

Amé, fui amada,

¡Vida, nada me debes!

¡Vida, ya estamos en paz!

Alonso A. (2018) Destellos

Para máis información sobre Ari Alonso, podes visitar a súa páxina de facebook.

Advertisements