1!-Julio_Ciencia8771_PEQUEÑA

Julio Rodríguez López (Panamá, 1980-), ourensán de residencia, é doutor en bioloxía, psicólogo e investigador en xenética das enfermidades psiquiátricas. Traballou no CSIC e na Universidade de Oxford, ten publicado en revistas especializadas e “Prevenir el narcisismo” é o seu primeiro libro, un título que podedes atopar na Sala Galicia da biblioteca. Podedes consultar os seus artigos de divulgación científica no blog da revista “Investigación y ciencia”. A continuación, falamos un pouco con el para que nos axude a entender os puntos clave da súa obra.

Cres que a sociedade é máis narcisista agora que antes, ou simplemente somos máis conscientes de que o somos?

J.R.: Os datos están demostrando que os rasgos narcisistas incrementaron de xeito exponencial na poboación desde os anos noventa. Isto perxudica a quen o padece e aos que están ao seu arredor, pero beneficia ao consumismo. Se rompen a túa estabilidade, o que fas é consumir continuamente en busca da felicidade.

Como poderiamos canalizar o narcisismo para que nos axude a ser máis felices, no canto de boicotearnos?

J.R.: O narcisismo non ten parte positiva. Para ser máis felices hai que eliminar o núcleo do narcisismo, que é o sentirse superior aos demais. Deste núcleo derivan todas as características negativas: falta de empatía, manipulación, engano, mentira, maltrato... Ás veces confúndese narcisismo con alta autoestima. O narcisista ten unha alta autoimaxe delirante de si mesmo, pero non se quere a si mesmo dun xeito xenuino e verdadeiro.

Que é o que diferencia a felicidade verdadeira da que compramos e vendemos nas redes sociais?

J.R.: A felicidade é un sentimento estable e duradeiro no tempo. O outro simplemente é alegría momentánea, un pico que desaparece e che fai querer máis. Nas redes sociais, un like ou un seguidor activan o teu circuito cerebral de recompensa, igual que cando comes algo rico, tes sexo ou consumes droga. Pero iso faite adicto; non é felicidade porque é inestable e depende dun factor externo.

ACS_0048

Buscamos unha vida perfecta para ser felices. Podemos ser felices coa nosa vida imperfecta? Cal é o segredo?

J.R.: Precisamente a felicidade é aceptar a imperfección dun mesmo e da vida. A perfección non existe; é relativa, efímera, unha ilusión que nos venden os medios de comunicación e as redes sociais para que entremos na ansiedade da búsqueda desa perfección. O que temos que aceptar é que tanto nós, como a nosa vida, temos cousas boas e cousas malas.

Podería compartir algunha estratexia básica para fomentar a verdadeira felicidade nos nenos?

J.R.: A chave, sobre todo nos nenos, está en fomentar a empatía e o respeto hacia os demais. O resto vai engadido. Logo tamén hai outros puntos, como incentivalos a facer aquelas cousas nas que non son bos. O contrario é o hipereloxio e condicionar o amor ao logro. O eloxio nunca pode ser en términos absolutos, como “marcaches tres goles, eres o mellor do equipo”; senón en términos relativos e describindo o que se fixo “hoxe marcaches tres goles”.

Advertisements