ValeriopekeMarco Valerio Lama  (Ourense, 1970) é un autor de novela negra. Licenciado en Filoloxía Inglesa, conta con varios premios polos seus relatos curtos. Escribiu títulos como “Bajo hielos eternos”, “Utensilios” ou “El incubador”, e agora está próximo a sacar a súa cuarta novela, un proxecto que lle levou sete anos e que se chamará “Con estas manos”.

As túas novelas tocan o tema do lado escuro do ser humano. Por que cres que nos fascina?

M.V.L.: Creo que é no que realmente somos bos. Se tivera que equiparar ao ser humano con outra especie, eu equipararíao cos virus, porque son o único organismo vivo que devora ao organismo do que dependen. É o que mellor se nos da. Para construir unha catedral tárdase dous séculos, para destruila só segundos.

Cal é o segredo, para ti, dunha boa novela de intriga e misterio?

M.V.L.: Penso que o primeiro é ser orixinal. A vida cotiá coñécea todo o mundo, pero a min gústanme as novelas que contan unha historia. Eu creo que a novela europea peca de exceso de pedagoxía, e en realidade non conta nada. Creo que é fundamental que teñas algo que contar que atrape ao lector.

En quen te basas para construir os teus personaxes?

M.V.L.: Eu procuro fuxir de todo o que coñezo, aínda que sempre haxa características que poidan ser túas. “El incubador” ocorréuseme porque pensei que ao mellor non podía escribir a novela máis boa do mundo, pero a historia do que a escribe si. Procuro non inspirarme no meu entorno porque busco ser o máis orixinal posible.

incuCustouche moito chegar a escribir as túas propias novelas? Como foi o camiño?

M.V.L.: Eu sempre fun escritor de relatos curtos, desde os sete anos. Fun escribindo historias cada vez máis longas, de 50 ou 60 páxinas. Un día vin que chegaba a 100 páxinas, e decateime de que xa escribira unha novela. A transición no meu caso foi moi gradual. A distancia márcama o argumento que eu teño.

“El incubador”, a túa última novela, desenvólvese en moitos lugares. Por que decidiches ubicala dese xeito?

M.V.L.: O personaxe principal é un apátrida, un neno que aparece flotando no mar. Críase nunha cidade, vaise a outra a estudiar, e ten que emprender unha fuxida que o obriga a percorrer diferentes lugares.

 

∞ Se acodes á Sala Galicia da nosa biblioteca, poderás levar emprestado tanto “Utensilios” coma “El incubador”. Tan só terás que preguntar polas sinaturas N (ES-gal) LAM ute [FL] para “Utensilios”, ou N (ES-gal) LAM inc [FL] para “El incubador”.

Advertisements