pexels-photo-97126

Miren Cardeiro González (Bilbao 1970) é unha poeta ourensana. Colaborou en varios recitais de Círculo Poético Orensano, e é autora do poemario Aneris. Podedes consultar máis poesías dela no seu blogue en internet, onde fala de amor e de esquecemento. A continuación falamos con ela para coñecela un pouco mellor.

Dende cando comezaches a escribir?

M.C.G.: Empecei a escribir aos dezaoito anos. Estaba lonxe da casa e dos lugares que me eran familiares e viume a inspiración, unha inspiración melancólica.

Que é o que máis che inspira?

M.C.G.: Ler e viaxar. Tamén pasear ao lado do río me inspira moito.

Colaboraches en recitais co Círculo Poético. Como te axudaron a desenvolver a túa actividade poética?

M.C.G.: Axudáronme moito co que é recitar. Eu lía en voz baixa para min e alí hai grandes recitadores.

Tes algún autor ou autora de poesía que nos poidas recomendar? Por que?

M.C.G.: Bécquer. Debeu de vivir un sentimento tan profundo polas mulleres que lle gustaban, que se me move o espírito ao lelo. Dos autores modernos, Miguel Anxo Fernán-Vello. Tamén recomendo a Rosalía de Castro, poesía do pobo. Eu creo que lle deixou unha gran herdanza a Galiza.

Que che gustaría comentar aos nosos lectores?

M.C.G.: Para os que amamos a poesía, calquera pequeno contacto con outro poeta merece a pena. Merece a pena cada pequena cousa que fagamos pola cultura e pola poesía. Enriquece a xente e faina ser máis educada e crecida.

Advertisements