O blogue da biblioteca retoma a súa actividade para darvos a coñecer máis escritores, músicos e información interesante da nosa cidade e a nosa biblioteca.

Lembrámosvos tamén o cambio de horario, xa que agora comeza setembro e con el a nosa apertura volve ser ininterrumpida, de 9:00 da mañá ata as 21:00 da noite, a partir do día 4. Os sábados abrimos de novo as nosas portas, de 10:00 a 14:00, e para os máis pequenos a sala infantil voltará a estar aberta de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a venres. E ata o día 8, os máis pequenos poden vir dende as 10:00 da mañá.

En canto ás actividades, a mediados de setembro comezará o prazo para anotarse no Club de Lectura de adultos, xuvenil, francés… Se vos interesan, non vos esquezades de pasar pola biblioteca e preguntar en mostrador. Avisarémosvos polo blogue e tamén coa cartelería.

Podedes seguirnos, además de polo blogue, nas redes sociais da biblioteca: Facebook, Twitter, Instagram e Pinterest.

Nada máis polo momento, ¡coidádevos e ata a semana que vén!

maple-leaf-638022_1920
Imaxe de JeongGuHyeok

 

Advertisements