No blogue da Biblioteca Pública de Ourense despedímonos ata setembro, pero recordámosvos que de luns a venres pola mañá podedes seguir usando os nosos servicios. O noso horario en xullo e agosto é de 8:30 a 14:30, pero temos un buzón na entrada da biblioteca para que poidades devolver os vosos préstamos a calquera hora.

Na sala infantil temos actividades para os máis pequenos, todos os martes e xoves de xullo: dende un taller de reciclaxe con Antúbel ata pesadelos no castelo. Máis información na axenda da nosa páxina web.

Se queres anotarte aos nosos clubes de lectura de adultos (temos un en castelán, outro en galego, en francés, un clube de poesía hispanoamericana e ata unha tertulia de inglés) estate atent@ e pregunta na biblio a mediados de setembro porque é o prazo para as inscripcións.

A comezos de setembro volvemos co noso horario habitual, de nove da mañá a nove da noite, e os sábados de dez a dúas.

Vémonos na biblioteca!

IMG_1716.JPG

Advertisements