Rosa María Fernández Martínez é asidua do Club de Poesía Hispanoamericana da nosa biblioteca. A súa afección pola poesía levouna a compoñer un panexírico para a asociación Via Auria, que semellaba a piques de disolverse o decembro pasado. Via Auria, a través de Ángel e Helena, organiza rutas de sendeirismo pola xeografía galega. Desfrutemos a continuación do seu marabilloso poema.

Revista sendeiri

Lastimeiras bágoas cinguen as nosas facianas
como as nosas pegadas surcaron os chaos de Galicia
tras os teus calcañares
Vía Auria – Ánxo – Helena – Todos nos – Vía Auria.

Corredoiras ancestrais,
¡qué ledas acollíades a algarabía do noso paso!.
Fragas, regatos, chairas, lameiros….clamarán a súa orfandade.
¿Quén amosará agora a vosa fermosura?.

Vía Auria – Ánxo – Helena – Todos nos – Vía Auria.
Espalláchedes pola nosa xeografía un fito,
illado, inesquecible, irrepetible, inigualable, único.
Sempre, para sempre,

Ficarás ben acomodada no noso corazón,
para sempre, sempre. ¡SI!.
¡NON!. Nunca, xamais,
seremos quen de esquecer esas suxestivas andaduras,

Sábados madrugadores, intensos, gratos.
Sábados mollados, soledados, con folerpas as veces;
as veces quentes; as veces fríos; sempre feiticeiros

Campestres xantares, na rocha ou no chan,
a carón dun río ou dun camiño, mirando o mar ou o ceo;
mirándonos nós e vendo, sempre vendo…
Vía Auria – Ánxo – Helena – Todos nos – Vía Auria.

Ir, voltar complacidos, agochados no colo do autocar,
acariñados polos nosos recentes achados,
¡tanta gratitude Ánxo – Helena
para tan bo goberno!

Vía Auria – Ánxo – Helena – Todos nos – Vía Auria.
Mágoa, mágoa de perder a vosa cor,
dor, dor de desvanecer a multicolor ringleira dos viauristas;
chorar de nenos …. orfos,
orfos quedamos como queda o nosa terra.
O noso pranto , arremuiñado, burbullea
desenredando agarimosas linguas para bramar
¡Para sempre, sempre.!
SI. GRAZAS
Vía Auria – Ánxo – Helena – Todos nos – Vía Auria.

Advertisements