Maceda é unha pequena vila ourensá popularmente coñecida, sobre todo, polo seu castelo; pero o que sabe menos xente é que tamén é o fogar de Miss Derrota, un grupo que comeza a dalos primeiros pasos polas sinuosas corredoiras do Rock&Roll.

No verán de 2014 varios amigos que tocan diferentes instrumentos musicais deciden fundar unha banda, así comeza a historia de Miss Derrota. Carlos Quintas (guitarra acústica, voz e letras), David Prol (batería e coros), Manuel Caramés (guitarra eléctrica), Isma del Campo (órgano, piano, teclados) e Charly del Campo (baixo eléctrico e coros) dan o seu primeiro concerto aínda sen nome oficial. Tocan por Maceda e lugares próximos como Esgos, Xunqueira e Arnuide; chegando a estrearse nun festival no Pipotazo Rock.

Rock, indie e pop son os ingredientes que atoparemos en Miss Derrota; aquí vos traemos ‘Los valientes’, rock macedano del altos vos:

A principios deste ano veñen de pasar polos Estudios Xílgaro para inmortalizar tres novos temas do seu repertorio. A pesares de que a idea de editar un traballo non está nos seus plans inmediatos, si que se poderemos desfrutar das novas cancións en plataformas dixitais. Dende a BPOu desexámoslles as mellores das sortes nas súas próximas acometidas. Unha cousa xa nos queda clara: en Maceda hai talento.

Se queres informarte sobre Miss Derrota aquí tes os enlaces das súas páxinas:

Web

Facebook

Twitter

Youtube

Spotify

Unha vez máis, lembrámosvos que se tedes un grupo e queredes enviarnos información sobre el podedes facelo escribíndonos neste formulario. Así mesmo se tedes unha maqueta ou disco e desexades compartilo cos usuarios da nosa biblioteca só tedes que enviarnos un exemplar a Biblioteca Pública de Ourense – Rúa do Concello nº 11, 32003 Ourense, ou traela persoalmente á nosa sede sita en dita dirección.

Por Miguel Cutrín Mosteiro

Advertisements