Co obxectivo de amosar a Biblioteca Pública de Ourense a través da ollada dun vixiante, xurdiu a idea de entrevistar a Félix Fernández Quiroga. Cal non sería a sorpresa, ao descubrir o grande talento artístico que hai detrás do home encargado de poñer orde na nosa biblioteca.

A dicir verdade, xa sabiamos un pouco da súa afección a aproveitar os momentos de tranquilidade para facer uns debuxiños, pero quedámonos pampos ao descubrir tamén outra das súas grandes afeccións: a talla de madeira. Coa intención de descubrir máis acerca deste interesante persoaxe, procedamos a preguntarlle algunhas cousiñas.

img_0499Félix, cantos anos levas traballando como vixiante?

F.F.Q.: Creo que sobre vinte anos. Comecei no 95 ou por ahí. Aquí na biblioteca levo desde o 96. Comecei en xuño, xullo.

En que máis sitios estás?

F.F.Q.: Aparte da biblioteca, no museo arqueolóxico.

Cales son as túas tarefas?

F.F.Q.: Vixiar que está todo tranquilo, que se cumpran as normas da directora coma por exemplo non pasar comida nin bebida ás salas, que a xente esté en silencio, que non se monte moito balbordo, que a xente non se leve o que non debe.

Que é o que máis che gusta da túa profesión?

F.F.Q.: Axudar á xente. Por exemplo, cando te piden información de algo.

E o que menos?

F.F.Q.: Chamarlles a atención, pero ás veces é inevitable. Sobre todo os mozos, porque fan ruido, pasan comida: patacas fritas, Redbull, café…

Cal é a anécdota máis graciosa que tes vivido na BPOU?img_0501

F.F.Q.: Fai moitos anos, había un rapaz durmindo nos baños de cabaleiros. Eu vin que tiña coma un anorak debaixo da porta, e entón chamei porque pensaba que se atoparía mal. Niso saíu un rapaz un pouco bébedo, e díxome estiven nos Viños e como non puiden ir para casa, vin aquí. Eu díxenlle que mellor que saíse a que lle dira un pouco o aire, para que se despexara.

Cales son, dende a túa perspectiva, os cambios máis notorios que viviu a biblioteca nestes últimos vinte anos?

F.F.Q.: O cambio máis drástico foi o tema da informática. Cando entrei todo era manual, todavía había os ficheiros. Introducir os ordenadores foi un cambio radical. Dende o meu punto de vista, foi o que máis. Os ficheiros tiñan o seu encanto pero era un tostón e a xente pasaba alí un montón de tempo.

Sabemos que che gusta debuxar, e que se che da moi ben. Poderías dedicarnos algún debuxo?

escanear0017

Advertisements