¡Moitas grazas a Félix Álvarez pola súa colaboración!
Para máis info sobre Félix Álvarez, podedes visitar o seu blog e seguilo no seu twitter.
∼ † ∼  † ∼  † ∼ 

Lovecraft medrou no medio de libros e cas historias de seu avó, sobre todo, comezando dende neno a imaxinar mundos cercanos a mitoloxías antigas. Non só imaxinou paseos por antigas ruinas ou cidades pobladas de heroes e deuses, senón que chegou a imaxinar con todo detalle e intención que el mesmo se transformaba nun deles para poder saír ó galope polas terras que dende a súa casa vía e coñecer o mundo máis alá das paredes. El mesmo comenta esto e os pequenos sacrificios que preparaba para o deus Pan, divinidade apegada á terra e os seus placeres, forza vital que superaba a moral humana.

Foi un home versado en mitoloxía e estudios antigos, o que o preparou para que el mesmo crease a súa propia mitoloxía, os seus deuses e cosmos gobernados por eles e os seus discípulos. Ofreceu rasgos e detalles nas súas obras sen querer sistematizar e ordenar todo cun plan exacto. Non, el vainos falando de distintas historias, ensínanos o poder de durmidos deuses e asómbranos ca malicia humana que buscan o seu fatídico espertar, con fatales consecuencias. Algo imos sacando en limpo do que nos conta pero temos que ser conscientes que é máis o que ignoramos que o que saiu á luz do noso entender. Un tremor interno pode recorrernos cando vaiamos vendo que na antigüedade fomos presos polo poder de antiquísimos deuses informes e de considerable altitude e poder. Derrotados por outros máis poderosos, quedaron durmindo baixo máxicos encantamentos en lugares terribles e lonxanos ou baixo toneladas de auga, en perdidos océanos, tamén a distancias siderais no medio de estrelas agonizantes.

 ∼ † ∼

Significa iso que morreron ou perderon o seu poder? Non. Só dormen, só esperan. O fatídico libro do Necronomicón advirte que os deuses primixenios agardan a certos eventos siderais e sacrificios para espertar e traer de novo a nós un mundo onde a tolemia e o sometemento aterrorizado son moeda común. Os primixenos seguen un tanto activos, mediante influencias psíquicas e soños. Secuaces humanos conxúranos mediante cacofonías que semellan cantos de infame reproducción. Indescriptibles sons que o mesmo se escoitan en agochadas selvas como antigas ruinas do profundo rural norteamericano.

O Necronomicón contén tanto os conxuros como as advertencias contra o seu uso. Lovecraft nunca desvela máis que unhas poucas verbas do prohibido libro. Porque sabe do seu poder e sabe que hai moitos que o anhelan e usarían para atraer ós durmidos primixenios…

∼ † ∼  † ∼  † ∼ 

 →Se che interesa ler a H. P. Lovecraft, achégate á Sala Galicia e pregunta por “Nas montañas da loucura” – signatura [C (EU) LOV nas] ; “O horror de Dunwih” [C (EU) LOV hor] ou, na Sala de Préstamo, busca “El caso de Charles Dexter Ward” [N (EU) LOV cas].

⇒E, se quixeras adentrarte en mundos prohibidos… Busca na Sala Galicia un libro coa signatura C NEC. Pero NON NOS FACEMOS RESPONSABLES do que coa súa lectura poidas atopar, querid@ explorador/a…

∼ † ∼  † ∼  † ∼

Advertisements