No número inicial do Boletín Oficial de la Provincia de Orense, e mediante Real Decreto, a Raíña Gobernadora María Cristina de Borbón-Dos Sicilias cesaba aos Alcaldes ordinarios no seu exercicio do poder xudicial. Boletín do 3 de xuño de 1834

María Cristina de Borbón foi raíña consorte de Fernando VII, e rexente mentres a súa filla Isabel II foi considerada menor de idade.

separacion-poderes

Non obstante, os Correxidores e Alcaldes maiores en vilas que non encabezaban un Partido podían seguir administrando xustiza.

As vilas que encabezaban Partido na provincia de Ourense eran Allariz, Bande, Celanova, Xinzo de Limia, Ourense, Pobra de Trives, Ribadavia, Señorín (O Carballiño), Verín, Viana do Bolo e Vilamartín (Valdeorras).

parti1
(páx. 2)
parti2
(páx. 3)

♦ Se queres consultar outros exemplares do Boletín Oficial da Provincia ata 1908, podes atopalos na Biblioteca Virtual de Prensa histórica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Exemplares dixitalizados do BOP

◊ Tamén podes atopar outras publicacións periódicas antigas na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica

Advertisements