img_2209

Que son as microfichas? As microfichas son reproduccións fotográficas en miniatura dun documento. Hai uns anos, antes da chegada de Internet e da dixitalización, era o medio máis usado nas bibliotecas para poder gardar documentos nun espazo reducido, ou para poñer a disposición do público fondos de moito valor.

img_2206

Na Biblioteca Nodal de Ourense, por exemplo, gardamos microfichas das páxinas de tódolos exemplares do diario La Región ata 1988. Os de datas posteriores témolos fisicamente, gardadiños e a cuberto, no depósito. Podes preguntar por eles no mostrador da biblioteca, e baixámosche o da data que queiras sen problema ningún.

Como podo consultar as microfichas do devandito diario? Primeiro de todo, temos que achegarnos á chamada Sala de Galego. Subimos as escaleiras ou collemos o ascensor ata o terceiro andar. Alí atoparemos un punto de atención ao público coma o que figura na fotografía de abaixo. Pero no canto de estar baleiro como na fotografía, haberá un/ha bibliotecario/a que nos atenderá con moita amabilidade.

img_2208

Preguntarémoslle por unha microficha da data da que queiramos consultar o exemplar. A persoa que nos atenda achegaránola, acompañada dunha lupa.

Con eses materiais en man, dirixirémonos a un aparello situado ao comezo da sala. Segundo subimos das escaleiras e entramos na saliña, xusto á esquerda. Pode suceder que nos trabuquemos porque está disfrazado de incógnito, ben tapadiño para que non colla po, pero se sabedes del non hai perda. É este, o da dereita:

img_2216

Destapamos o aparello… Tachán, tachán…

img_2217

Prememos o botón de acendido, que tamén serve para apagalo (abaixo, á esquerda).

img_2212

Sacamos hacia fóra a bandexa de metal…

img_2225

Inserimos a microficha dentro do lector, debaixo da primeira placa de plástico…

img_2213

… et voilà! Velaí a temos! A imaxe ampliada da microficha que queremos consultar  😀

img_2214

E se a imaxe non é suficientemente nítida para ser lida… lupa que te criou! ò_Ó Converterédesvos no Sherlock Holmes da historia local.

img_2215

Xa sabedes, non dubidedes en achegarvos á biblioteca para preguntarnos por este servizo, para usalo ou para solventar calquera dúbida que teñades. Agardámosvos. Ata pronto!!

Advertisements